Antonia Kerrigan Agencia Literaria

autores - Con más de 30 años de experiencia, representamos a 150 autores de diferentes estilos literarios

As cousas que non queremos oír

Reimóndez, María

Año: 2017
Editorial: Xerais
Categoría Literaria: ficción contemporánea
Idioma: Gallego
ISBN: 978-84-9121-295-9
Formato:
Páginas: 496
Sinopsis:  

A  Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado.

Nesta nova entrega do “Ciclo dos elementos”, Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de “En vías de extinción“, “A música dos seres vivos” e Dende o conflito, “As cousas que non queremos oír” transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.


Comentarios
Hay 0 comentarios disponibles.

otras obras del autor -

As estacións do lobo As estacións do lobo
Xerais, 2019
Fora do normal Fora do normal
Xerais, 2018
Diseño Web
Dommia Soluciones Internet
c/ Lepant, 326, Entlo. 1, Desp. 2
08025 - Barcelona
Tel. 902 024 678 | +34 936 241 455
Portfolio visible en: www.dommia.es